Con la tecnología de Blogger.

Archive for mayo 2019

PINTANDO CON IRIA BLANCO


O pasado 16 de maio tivemos unha xornada única traballando coa ilustradora viguesa Iria Blanco. Contounos como comezou ela a pintar, como se traballa cos materiais, e despois comezamos con ela un cuadro que fixemos en colaboración con outras aulas do cole, e tamen fixemos nos un cuadro pequeniño para ela de recordo.
A última hora da maña, pasou pola nosa clase para ver o traballo que nos fixemos sobre o seu traballo, e felicitounos moito!!!!

MUSEO CIENTIFICO


Nesta actividade disfrutamos moito: un museo cientifico itinerante co que experimentamos con globos e electrostática, coa tensión superficial da auga, e mezclamos fariña e auga para comprobar cómo as veces un líquido se comporta como un sólido.

DIA DO LIBRO 2019


A finais de abril, como todos os anos, celebramos no colexio o Día do Libro dos "padriños lectores". Este ano foron os alumnos de 4° de primaria os que viñeron a contarnos preciosas historias, e nos regalamoslles una marcapaxinas que agradeceron moito!!!!


PACO NOGUEIRAS



Fai uns días tivemos a sorte de disfrutar dunha maravillosa sesión de contacontos con Paco Nogueiras, grazas a editorial Kalandraka. Os nenos e os profes o pasamos en grande con este xenio!!!!

- Copyright © PASIÑO A PASIÑO - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -