Con la tecnología de Blogger.

Archive for 2016

A NOSA PANXOLIÑA

O ultimo dia de cole antes de Nadal, cada clase prepara unha panxoliña para cantala oas nosos compañeiros nas suas clases. Nos preparamos esta panxoliña que podedes escoitar aquí e a cantamos aos nen@s de 4 anos B, 5 anos B, 1ºB e 2ºB. Despois volvimos á nosa clase, e viñeron cantarnos os nenos de todolos cursos (da letra B) ata 6º. Foi moi divertido e gustáronnos moitísimo!!!!!!


VIÑERON OS REIS MAGOS!!!!!

Como sabedes, hoxe recibimos a visita dos Reis Magos!!! Estabamos moi nerviosos!!! Fixonos moita ilusión a súa visita, e aproveitamos para darlle a carta que fixemos no cole e para asegurarnos que saben ben o que queremos de regalo. Foron moi bos con nos, e deronnos caramelos!!!!!



Luns 19 de decembro de 2016

MAMA CONTACONTOS

Tamén o venres tivemos a sorte de que a nai de Xiana veu á nosa clase no plan lector para contarnos un conto, e o mellor foi que nos contou dous!!! Moitas grazas!!!




Domingo 18 de decembro de 2016

TALLER DE NADAL

O venres tivemos a visita dos pais de Iria, que prepararon para nós un taller de nadal onde cada un elaborou un Papá Noel para decorar as casas. Quedounos xenial!!! E pasámolo moi ben!!! Volvede cando queirades!!!




Domingo 18 de decembro de 2016

VISITAMOS BALAIDOS

Onte visitamos o estadio de Balaidos, e pasamolo moi ben. Estivemos no museo, na tenda, na sala de prensa, na zona mixta, nas gradas e no campo de futbol!!! Foi unha experiencia xenial!!!



APRENDEMOS LINGUA DE SIGNOS


Hoxe viñeron de visita a "Asociacion de persoas sordas de Vigo". Contáronnos o conto de "O pollito Lito", e ensináronnos algunhas palabras en lingua de signos. Preguntádenos, a ver cantas recordamos!!!



TEATRO

Hoxe tivemos a sorte de ver unha obra de teatro que nos fixeron científicos do CSIC onde nos recordaron a importancia de asearnos ben para evitar virus e bacterias. Pasámolo moi ben!!!!!




SAMAGOSTIN

A festa de Samagostin foi moi divertida. Primeiro traballamos en clase: debuxos, murais, cestas de outono, coñecimos as castañas Hermenexilda e Casilda, nos disfrazamos, xogamos.... fixemos taaaantas cousas...





 E por fin, chegou o día da festa, qué ricas estaban as castañas!!!!!



MURAIS

Esta semana dedicamonos a facer muráis. O primeiro é o noso castelo de medo. O segundo é a árbore de outono decorada para o Samagostin (feito cos nosos compañeir@s da aula de 3 años A).

REMATAMOS O PERIODO DE ADAPTACION

Xa levamos más de duas semanas no cole e rematamos o periodo de adaptación. Pasámolo moi ben: xogamos, pintamos, saimos ao patio (primeiro sós e despois co resto de compañeiros de infantil), aprendimos a facer a fila, tivemos clase de psicomotricidade, de inglés, de música... estamos descubrindo un mundo novo que nos gusta e estamos facendo un montón de amigos novos!!!

Disfrutade destas fotos deses días.




Martes 27 de setembro de 2016

- Copyright © PASIÑO A PASIÑO - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -