Con la tecnología de Blogger.

Archive for diciembre 2016

A NOSA PANXOLIÑA

O ultimo dia de cole antes de Nadal, cada clase prepara unha panxoliña para cantala oas nosos compañeiros nas suas clases. Nos preparamos esta panxoliña que podedes escoitar aquí e a cantamos aos nen@s de 4 anos B, 5 anos B, 1ºB e 2ºB. Despois volvimos á nosa clase, e viñeron cantarnos os nenos de todolos cursos (da letra B) ata 6º. Foi moi divertido e gustáronnos moitísimo!!!!!!


VIÑERON OS REIS MAGOS!!!!!

Como sabedes, hoxe recibimos a visita dos Reis Magos!!! Estabamos moi nerviosos!!! Fixonos moita ilusión a súa visita, e aproveitamos para darlle a carta que fixemos no cole e para asegurarnos que saben ben o que queremos de regalo. Foron moi bos con nos, e deronnos caramelos!!!!!



Luns 19 de decembro de 2016

MAMA CONTACONTOS

Tamén o venres tivemos a sorte de que a nai de Xiana veu á nosa clase no plan lector para contarnos un conto, e o mellor foi que nos contou dous!!! Moitas grazas!!!




Domingo 18 de decembro de 2016

TALLER DE NADAL

O venres tivemos a visita dos pais de Iria, que prepararon para nós un taller de nadal onde cada un elaborou un Papá Noel para decorar as casas. Quedounos xenial!!! E pasámolo moi ben!!! Volvede cando queirades!!!




Domingo 18 de decembro de 2016

- Copyright © PASIÑO A PASIÑO - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -